Tuesday 17 de September de 2024

Cariño inaugura a edición número XLVI da súa Mostra de Teatro Galego


· A xornada deu comezo ás 12 horas co acto inaugural e a entrega de premios ao público infantil e adulto do ano 2023 no Concello

· A alcaldesa, Ana María López, indicou que “este evento é unha sinal de identidade da nosa tradición, da nosa cultura e do noso presente, por iso temos que coidalo e seguir mellorándoo cada ano”

O Concello de Cariño inaugurou este domingo a edición número XLVI da Mostra de Teatro Galego, que converterá ao municipio do Ortegal na capital autonómica do teatro ata o 10 de agosto.
A xornada comezou ás 12 da mañá na Casa Consistorial co acto de inauguración e a entrega de premios ao público infantil e adulto do ano 2023. Na categoría de adultos o premio recaeu una categoría Chévere, coa obra ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E.’ e no apartado infantil, recolleu o recoñecemento a Compañía Náufragos coa súa obra ‘Hugo’.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou que “A Mostra de Teatro é un dos valores culturais do noso Concello, que se celebra desde o ano 1.978 e xa vai pola súa edición número 46, polo que temos que seguir poñéndoa en valor e apostando por este estandarte do noso Concello”.
“Este evento é unha sinal de identidade da nosa tradición, da nosa cultura e do noso presente, por iso temos que coidalo e seguir mellorándoo cada ano”, engadiu.
Por último, convidou “a todos os veciños e veciñas, e tamén aos visitantes, a que gocen de cada unha das representacións que se ofertan nesta Mostra”.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Laura García, indicou que “traballamos para que a Mostra de Teatro Galego de Cariño conte cada ano cunha programación de primeiro nivel, como ben o demostran cada unha das 14 propostas que forman parte do cartel deste ano”.
Ao remate do acto inaugural, o grupo de teatro Barafunda percorreu as rúas de Cariño co seu espectáculo ‘Os zancudos’.
Para culminar a xornada, o grupo Mute levará o seu espectáculo ‘Oran Bi’ á Praza da Pulida a partir das 20:30 horas. Esta obra, gañadora do premio ao mellor espectáculo de Euskadi no ano 2022, é unha peza circense que se caracteriza pola innovación e o risco escénico.